Paio Ramírez doa ao mosteiro de Santa María de Sobrado unha herdade que posúe no casal de Cuarta na vila de Louredo, Xoán Alvitis e a súa muller Marina Suárez véndenlle tamén a herdade que posúen nesa vila por dez soldos, Rodrigo Paiz dóalle a súa parte dunha leira chamada Aldica, situada entre a dita vila de Louredo e Lourenzá e Diego Díaz doa ao mosteiro o seu quiñón dunha leira co mesmo nome
Segundo a Guía do Arquivo de Antonio Gil Merino, o antigo director Andrés Martínez Salazar doara 363 documentos medievais no ano 1897. Procedían na súa maior parte de mosteiros e conventos desamortizados e foran separados por el dos seus fondos orixinais, segundo o testemuño manuscrito de Ángel del Castillo que se conserva no Arquivo, probablemente coa finalidade de impedir a súa subtracción ou simplemente para a investigación persoal. A este núcleo sumáronse posteriormente novas achegas, esta vez procedentes de preitos e expedientes tramitados perante a Real Audiencia de Galicia, que foron instalados á parte no propio Arquivo, de acordo cunha práctica tradicional, para a súa mellor conservación.
Alcance e contido
Trátase de catro actos xurídicos distintos dentro de mesmo soporte